Recuncho de Lectura - Libros

list In: Novidades On: favorite Hit: 14269

Presentamos o noso novo espazo dedicado aos libros, o noso pequeno, e acolledor, "Recuncho de Lectura"

En  Dabudae Home pensamos que unha casa non está completa sen un bo espazo para dedicalo á lectura. Na nosa tenda atoparás sofás e cadeiras de brazos estupendos para unha lectura cómoda, unha chea de lámpadas de mesa e de pé para ter a iluminación perfecta e, por suposto, andeis onde gardalos mentres esperan a súa quenda para ser lidos.

Pero tamén queremos colaborar dando a coñecer e presentándoche libros de novos autores/ as, obras de coleccionista, e/ou edicións limitadas ou con pouca tirada. Non somos unha librería, e non pretendemos selo. Simplemente gústanos a lectura e, dentro das nosas posibilidades, o poder promocionar obras que, por diferentes motivos, pasan máis desapercibidas.

Empezamos a nosa andaina con tres libros dedicados ao xadrez:

NEBEA - Nuevo Ensayo de Bibliografía Española de Ajedrez (Edición Lujo)

NEBEA - Nuevo Ensayo De Bibliografía Española De Ajedrez (Edición Coleccionista Con Estuche)

El Ajedrez Del Virrey

Pronto esperamos poder ampliar o noso recuncho de lectura con máis obras, así que non deixes de visitarnos:

RECUNCHO DE LECTURA - LIBROS

Ah! E se es un escritor/a e gustaríache promocionar a túa obra connosco, escríbenos. Estaremos encantados de colaborar contigo. 

Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sabado Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro

New Account Register

Already have an account?
Log in instead Ou Reset password