Información Covid-19

Ante a situación provocada polo Covid-19 queremos informar do seguinte:

- A nosa tenda continúa aberta e funcionando con normalidade.

- Podes realizar o teu pedido sen ningún problema. Todos os produtos que aparecen como dispoñibles e con stock están a enviarse como é habitual.

- Algúns produtos que non están dispoñibles volverán estalo tras a eliminación das restricións vixentes actualmente e que afectan a algúns dos nosos fabricantes e provedores. Neste sentido apoiamos todas as medidas de prevención adoptadas polos nosos socios comerciais e confiamos en volver á normalidade canto antes.

- A data prevista de entrega poden sufrir algunha demora polo aumento da demanda das empresas de transporte e as propias limitacións das medidas restritivas de movemento. Agradecémosvos de antemán a vosa comprensión.

- Continuamos realizando entregas en toda Europa. As empresas de transportes que xestionan os nosos envíos mantéñennos informados de calquera novidade e incidencia que se produza. Se houbese algún problema nalgunha zona de entrega informariamos antes de realizar o envío.

Acceso á información actualizada dalgunha das nosas axencias de transporte e as opcións de "Contacto CERO" para as entregas:

GLS:  https://www.gls-spain.es/es/covid-19/

DB  Schenker:  htthttps://www.dbschenker.com/es-es/meta/asesoramiento-al-cliente

Por favor, antes de realizar o teu pedido confirma que podes recibir o envío. Se non fose posible, as empresas de transportes devolverán o pedido tendo que abonar os gastos ocasionados. Debido á situación provocada polo  Covid-19, as axencias de transporte non están a almacenar os envíos e devólvenos se non conseguen entregalos.

Se tes calquera dúbida respecto a realizar un pedido, o tempo previsto de entrega, a dispoñibilidade dalgún produto, ou para calquera outra consulta, non dubides en escribirnos a info@dabudaehome.com ou enviarnos unha mensaxe ao noso número de WhatsApp / Viber: (+34) 625 22 31 33.

Aproveitamos a ocasión para agradecer o esforzo, traballo e sacrificios que todos estamos a facer para combater ao Covid-19, especialmente a todas as persoas que loitan activamente, día e noite, para coidar e recuperar aos enfermos, e para controlar e acabar co Covid-19.

Moitas grazas e ánimos a todos!

-

#QuedateEnCasa

#YoMeQuedoEnCasa

#EsteVirusLoParamosUnidos

New Account Register

Already have an account?
Log in instead Ou Reset password